Comezamos o 2021 coa ilusión de organizar un lote de actividades, que en gran medida durante o ano pasado houbo que anular por mor da pandemia e as restriccións que esta implementou ó longo dos meses.


Por este mesmo motivo a idea é que o primeiro trimestre sigamos facendo a formación por vía telemática.


Damos inicio dos obradoiros este mes de xaneiro coa Charla sobre Solo pélvico, impartida por Vanessa Platas, fisioterapeuta especializada e nai usuaria de Alma.Será o vindeiro sábado 30, ás 11h., e para anotarse haberá que facelo dende a sección de Actividades 2021, onde estará o acceso ó formulario de inscrición.
A actividade é de balde, e o aforo limitado.
O prazo para anotarse dará comezo o día 15, e como é norma da nosa asociación, haberá un periodo preferente para socias, logo do cal se abrirá para usuarias en xeral.


Xa temos planificadas as seguintes actividades para os próximos meses, así que vos animamos a todas aquelas que fúchedes socias en anos anteriores a que renovedes a cota, e por suposto, a todas as demáis a que vos fagades socias. Podedes facelo dende a propia web, no apartado «¿Quieres colaborar?» 


Agardamos que sexa do voso interés.